Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Electrónica e Sistemas de Control | Código | 631G03016 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba mixta | A2 A4 A11 A18 A25 A73 A74 A90 A91 A99 A100 B1 B5 B7 B9 B13 B16 C3 C8 | Consistirá nunha ou varias probas, que terán carácter global para valorar as distintas partes da materia. Os contidos da proba poden ser variados: resolución de problemas, cuestións de razoamento sobre a materia vista, desenvolvemento dalgún tema, ou calquera outra forma de demostración do coñecemento. |
70 |
Prácticas de laboratorio | A11 A25 A74 A90 A91 B9 B10 | As prácticas levaranse a cabo nos laboratorios axeitados para a súa realización. O alumnado fará uso axeitado dos materiais e equipos pertinentes, e procederá a realizar as montaxes e comprobacións que lle sexan indicados. Ademáis da utilización de elementos físicos, as prácticas tamén poderán ser realizadas a través de simulación con software |
10 |
Solución de problemas | A4 A11 A18 A25 A73 A74 A90 A91 A99 A100 B1 B5 B7 B9 B10 B13 B16 C3 C8 | A solución de problemas levarase a cabo como aplicación da teoría impartida nas sesións maxistrais. Valorarase a asistencia, participación e demostración da comprensión da teoría mediante a súa aplicación aos enunciados propostos polo profesor. Os exercicios poderán ser propostos tanto en formatos tradicionais como a través de ferramentas TIC. |
20 |
Observacións avaliación | |||
A materia está estructurada en dúas partes independentes que se avaliarán de xeito separado, por unha parte a Electrónica e por outra os Sistemas de Control. Para superar a materia é necesario superar cada unha destas partes, xa que a cualificación dunha delas non será valida para compensar a outra. Os criterios para superar a materia tanto na primeira como na segunda oportunidade serán os mesmos. Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b; 4.3 e 7.5) (04/05/2017), poderán realizar a maior parte das actividades de forma asíncrona e/ou remota. Para as prácticas de laboratorio, de non poder asistir a elas, proporáselles unha actividade alternativa de contido similar. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con "suspenso" (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. Os criterios de avaliación contemplados no cadro A-III/6 do Código STCW, e recollido no Sistema de Garantía de Calidad, teranse en conta á hora de diseñar e realizar a avaliación. |