Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Mecánica de Fluídos | Código | 631G03017 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Sesión maxistral | A2 A3 A6 A7 A9 A73 A74 A79 A86 A89 A90 A94 A96 A99 A100 B2 B3 B5 B12 B13 B16 C3 | Valórase a asistencia a clase até un máximo do 10% da nota, sempre que se garanta unha asistencia ás sesións maxistrais non inferior ao 90%. Tamén se ten en conta a participación a través de preguntas ou observacións sobre a materia obxecto de explicación | 10 |
Proba obxectiva | A2 A3 A6 A7 A9 A73 A74 A79 A86 A89 A90 A94 A96 A99 A100 B2 B3 B5 B7 B12 B13 B15 B16 C3 C7 | Pra os alumnos que siguen a materia, poderase dividir a mesma en dous ou tres parciais dependendo da marcha do grupo, a libre elección do profesor. | 70 |
Traballos tutelados | A2 A3 A6 A7 A9 A73 A79 A86 A89 A90 A94 A96 A99 A100 B2 B3 B5 B7 B12 B13 B15 B16 C3 C7 | Presentación e defensa dos traballos realizados. Valorarase estrutura, pulcritude, método expositivo e orixinalidade. O alumno pode non optar por esta metodoloxía pasando a computar a porcentaxe da cualificación na proba obxectiva. Pode exporse a posibilidade de crear un portafolio dixital. |
20 |
Observacións avaliación | |||
As probas oficiais da primeira oportunidade, recollerán as distintas metodoloxías de avaliación e deberán ser completadas por aqueles alumnos que non superasen na súa totalidade a avaliación continua. Esta proba estará deseñada de tal forma que o alumno poida examinarse sempre e cando non alcanzase o 30 % da cualificación total na metololoxía de proba obxectiva. O alumnado obrigado a acudir ás probas oficiais da "segunda oportunidade" conservará a cualificación alcanzada en todas as metodoloxías, fóra da obtida nas probas obxectivas da 1ª oportunidade, que será substituída pola da 2ª. Do mesmo xeito, só poderá optarse á matrícula de honra se o número máximo destas para o correspondente curso non fose cuberto na súa totalidade na "primeira oportunidade". Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, a cualificación obtida nas actividades asociadas ao sistema personalizado de tutorías corresponderase coa avaliación das metodoloxías de traballos tutelados e probas obxectivas, cunha ponderación do 30 e do 70 %, respectivamente. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a perda do dereito á oportunidade na que se cometa a falta e respecto da materia na que se tivese cometido. O/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. O sistema de avaliación cumpre cos criterios de avaliación da competencia recollidos na Columna 4 dos seguintes Cadros do Convenio STCW, modificado por Manila 2010: 1.- Táboa A-III/1 de Especificación das normas mínimas de competencia aplicables aos oficiais encargados da garda nunha cámara de máquinas con dotación permanente e dos designados para prestar servicio en cámaras de máquinas sen dotación permanente Función: Maquinaria naval, a nivel operacional Competencias: -1.1 Realizar unha garda de máquinas segura -1.2 Facer funcionar a maquinaria principal e auxiliar e os sistemas de control correspondientes |