Proba obxectiva |
A21 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B13 B14 C1 C2 C6 |
Consistirá na realización dun examen escrito sobre os contidos teóricos do programa na data oficial da primeira oportunidade. Valoraráse a capacidade de expresión, o manexo e o dominio do vocabulario específico, a capacidade analítica e sintética e, por suposto, o coñecemento dos contidos do programa. |
60 |
Normativa de avaliación: - Está prohibido acceder á aula do exame/probas con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenaxe de información.
- Así mesmo, recomendamos a asistencia á clase da materia dende o primeiro día, aínda que o estudante estea pendente de completar o proceso de matrícula, xa que o calendario da avaliación fixado aos inicios do curso é independente da data de matrícula individual do alumno.
- É necesario que cada alumno que desexe realizar as probas se identifique correctamente co D.N.I. na aula onde se vaia realizar a proba (ten que acreditar a súa identidade de acordo coa normativa vixente).
- Estudantes con "recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia": excepto para as datas aprobadas na Xunta de Facultade para a proba obxectiva final, para as restantes probas de ser preciso acordarase ao inicio do curso un calendario específico compatible coa súa dedicación, sempre e cando ese calendario estea integrado na franxa horaria lectiva correspondente ás probas prácticas realizadas nas aulas dos distintos grupos. O estudante que se atope nestas circunstancias debe poñerse en contacto cos seus docentes vía correo electrónico da UDC antes do 30 de setembro de 2023.
- Os estudantes deben consultar obrigatoria e frecuentemente o campus virtual da materia (moodle), onde o/a docente coloca a información relevante. Ademais, os estudantes deben subir unha foto actualizada ao seu perfil de moodle para a súa correcta identificación.
- A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se for necesario.
Tipo de cualificación: - A cualificación de "non presentado" corresponde ao alumno/a, cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación acadada.
Oportunidades de avaliación: - 1ª oportunidade: todos os estudantes, incluídos os que teñan recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, poderán superar a materia obtendo polo menos 50 puntos dos 100 totais entre todas as probas do curso, incluíndo o exame da 1ª oportunidade. Aqueles estudantes que non poidan acudir ás probas do curso con motivo debidamente xustificado (xustificado cos certificados correspondentes para os casos que contempla a normativa académica -caso de enfermidade ou accidente, por exemplo-), poderán realizar as mesmas noutra ocasión que lles será comunicada tendo en conta o sinalado polo regulamento académico.
- Respecto á convocatoria da segunda oportunidade e a da extraordinaria adiantada, ámbalas dúas consistirán na realización dunha proba obxectiva cun valor máximo do 100% da nota final. Deste xeito, nesta proba poderáse recuperar a avaliación continua correspondente ás probas prácticas realizadas no primeiro cuadrimestre. Os estudantes poderán superar a materia nas citadas oportunidades obtendo 50 puntos dos 100 potenciais.
|