Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Metodoloxía da Investigación | Código | 651516001 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | Anual |
Primeiro | Obrigatoria | 9 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Prácticas a través de TIC | Estas sesions servirán para levar á práctica os contidos da materia fundamentalmente a través do emprego de programas estadísticos para a realización das diferentes técnicas estadísticas estudadas así como a través de outros recursos tecnolóxicos relacionados coa metodoloxía da investigación. Se aportarán recursos dentro das plataformas institucionais para facilitar a realización e repaso de estas prácticas. |
Traballos tutelados | O alumnado deberá desenvolver traballos e/ou pequenos proxectos de investigación ou parte destes. Así mesmo poderase solicitar tamén ao estudante a exposición oral dalgún/s destes proxectos asi como borradores dos seus traballos de fin de Máster para ser debatidos co profesorado e co resto dos seus compañeiros/as. Se aportarán recursos dentro das plataformas institucionais para facilitar a realización de estos traballos. |
Proba mixta | Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe que pode conter distintos tipos de preguntas: preguntas test e/ou de resposta breve e/ou de desenvolvemento. |
Proba práctica | Proba na que se valorará fundamentalmente o manexo das técnicas estatísticas máis adecuadas en cada caso a través do emprego de programas estadísticos. Esta proba poderá ser realizada de forma conxunta coa proba teórica para poder avaliar conxuntamente a relización de varias fases do proceso de investigación. |
Sesión maxistral | Efectuarase a exposición oral do temario da materia, complementándose a mesma co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes. Durante estas sesións tamén se poderá realizar unha docencia máis interactiva na que o alumnado resolverá as tarefas propostas polo profesorado, ben de forma individual ou en pequenos grupos, asistidos polo profesorado e co fin de lograr unha mellor comprensión da materia. Durante estas sesións, poderanse asignar lecturas relacionadas cos temas a desenvolver, para que o alumnado realice de forma non presencial. Aportaránse recursos dentro das plataformas institucionais para facilitar o seguemento e repaso dos contenidos das sesións maxistrais. |