Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Antropoloxía da Saúde e a Discapacidade | Código | 651516004 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Recensión bilbiográfica | B1 B9 | Avaliarase a capacidade crítica do alumno á hora de valorar o texto proposto para recensión, así como a súa capacidade para realizar resumenes esquemáticos deste, e a detección dos seus conceptos clave | 10 |
Traballos tutelados | A4 B2 B7 C1 | Para valorar o traballo tutelado a desenvolver durante o curso, terase en contan o desenvolvemento do estudo básico sobre os temas propostos, tendo en conta a aproximación experiencial -profesional ou práctica- expresada, así como a interpretación deste polo alumno dende os modelos teóricos da Antropoloxía da saúde ou da discapacidade. | 40 |
Proba obxectiva | A1 C4 | A proba escrita final tratará de avaliar os coñecementos teóricos obtidos da atención ás clases presenciais. Consistirá en responder a dez cuestións de resposta breve. Sobre a base das lecturas sobre os contidos do programa. É obligatoria para os alumnos non asistentes e para aqueles que non asistan polo menos ós 2/3 das sesións, e opcional para os asistentes regulares. | 20 |
Lecturas | B3 C4 | Valorarase a capacidade de análise, identificación de problemas e argumentación crítica de respostas a estes na presentación e comentario persoais, seguidos de debate, ao final das sesións, sobre lecturas escollidas de Antropoloxía e etnografía da saúde e a minusvalidez | 30 |
Observacións avaliación | |||
- Os alumnos semipresenciais, ou aqueles que non asistan polo menos a 2/3 das sesións do curso, deberán realizar obrigatoriamente a proba obxectiva, así como as restantes metodoloxías contempladas, aínda que só a primeira será realizada presencialmente. - Os alumnos asistentes regulares poderán voluntariamente optar por realizar a proba obxectiva. Se optan por non realizala, o traballo tutelado suporalles un 50% da cualificación, as lecturas un 35% e as recensións bibliográficas un 15% - Os alumnos que se presenten á convocatoria de segunda oportunidade deberán facelo naquelas metodoloxías non superadas -ou non presentadas debendo facelo- na primeira convocatoria. En tal caso, só a proba obxectiva de 2ª convocatoria será presencial, mentres que as restantes metodoloxías cubriranse mediante envíos dos correspondentes traballos en formato dixital, e vía Moodle ou correo electrónico. - Implicacións do plaxio: Cualificación de suspenso na convocatoria na que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: quen incorrese será cualificado con "suspenso" (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto si a comisión da falta prodúcese na primeira oportunidade como na segunda. Para iso, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. |