Para a defensa e cualificación do TFM é imprescindible que
o/a estudante superase a totalidade dos ECTS da titulación. Recoméndase aos estudantes contactar co director asignado
para poder dar inicio ao desenvolvemento do Traballo fin de Máster o máis breve
posible. Os traballos científicos solicitados son traballos complexos, que
esixen unha dedicación importante por parte do alumno e é por iso que o inicio
das actividades xa no primeiro cuadrimestre facilitará a súa conclusión dentro
do período estimado dun curso académico. |