O deseño de contidos, planificación e desenvolvemento da materia, levouse a cabo en estreita coordinación tanto lonxitudinal como transversal con outras materias de terceiro e de cursos previos , evitando solapamento de contidos, e cun claro enfoque baseado no razoamento clínico. Deste xeito lograrase un ensino integrado que facilitará ao alumno a aprendizaxe, comprensión e utilización dos contidos relacionados coa Fisioterapia nas disfuncións do aparello locomotor.
Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir cos obxectivos estratéxicos do Plan Green Campus da Facultade de Fisioterapia, os traballos documentais que se realicen nesta materia poderanse solicitar tanto en formato papel como virtual ou soporte informático.
De realizarse en papel, seguiranse na medida do posible as seguintes recomendacións xerais:
- Non se utilizarán plásticos.
- Realizaranse impresións a dobre cara.
- Empregarase papel reciclado.
|