Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | TRABALLO FIN DE GRAO | Código | 651G01034 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Cuarto | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | A1 A2 A3 A14 A15 A17 A19 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C2 C3 C4 C6 C7 C8 C9 | Elaboración e presentación, en tempo e forma, dunha memoria do Traballo de Fin de Grao, consistente nun exercicio de integración dos contidos formativos recibidos e as competencias adquiridas. |
70 |
Presentación oral | A1 A2 A3 A19 B1 B2 B3 B4 C1 C2 C3 C6 C8 C9 | Presentación e defensa ante o Tribunal universitario dun traballo fin de grao, consistente nun exercicio de integración dos contidos formativos recibidos e as competencias adquiridas. | 30 |
Observacións avaliación | |||
A avaliación da presentación oral e posterior defensa do Traballo Fin de Grao será realizada polo tribunal designado, representando un 30% da cualificación final. Da mesma forma, este tribunal emitirá unha calificación da memoria do Traballo Fin de Grao que representará o 40% da cualificación final. Ambas calificacións deberán ser motivadas. O restante 30%, corresponde coa cualificación emitida polo director/a do Traballo Fin de Grao no momento do seu depósito, para o cal deberá empregar o modelo de informe do director/a facilitado por parte da Secretaría Académica. Tal cualificación deberá ser motivada, e valorará tanto a calidade final do Traballo Fin de Grao presentado como a avaliación continuada do/a estudante. Os requisitos para a matricula e a defensa do TFG estarán en todo caso determinados pola normativa vixente que adopte a Universidade. MATRÍCULA A TEMPO PARCIAL: non se contemplan metodoloxías docentes nin sistemas de avaliación diferentes para o alumnado con matrícula a tempo parcial. DISPENSA ACADÉMICA: dado o carácter da materia, non se contempla a posibilidade de dispensa académica que exima ao alumnado da asistencia ás sesións presenciais programadas (seminario, titorías ou acto de presentación e defensa). SEGUNDA OPORTUNIDADE: non se contemplan metodoloxías docentes nin sistemas de avaliación diferentes para a segunda oportunidade. SEGUNDA MATRÍCULA: non se contemplan diferentes metodoloxías docentes nin sistemas de avaliación diferentes para os estudantes de segunda ou sucesivas matrículas. PLAXIO: na realización dos traballos da materia, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa orixe e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, será cualificado con suspenso (0,0) na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. |