Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A5 |
Coñecementos de novas tecnoloxías e a súa aplicación ao ámbito educativo. |
A7 |
Planificar as materias no contexto social en que se van impartir tomando as decisións axeitadas canto á selección de obxectivos, á organización de contidos, ao deseño de actividades ou aos criterios de avaliación. |
A10 |
Capacidade para investigar sobre a propia práctica, introducindo propostas de innovación encamiñadas á mellora. |
A11 |
Capacidade para empregar recursos diversificados que contribúan a mellorar a experimentación e a aprendizaxe do alumnado de educación primaria. |
A15 |
Coñecer a organización dos centros de educación primaria e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento. |
A19 |
Fomentar a lectura e o comentario crítico de textos dos diversos dominios científicos e culturais contidos no currículo escolar. |
A21 |
Asumir, desde unha perspectiva crítica, que o exercicio da función docente ten que ir perfeccionándose e adpatándose aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida, o que implica a necesdidade da formación continua. |
B4 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa. |
B5 |
Traballar de forma colaborativa. |
B7 |
Comunicarse de maneira efectiva nun contorno de traballo. |
B11 |
Capacidade de comprensión dos distintos códigos audiovisuais e multimedia e manexo das ferramentas informáticas. |
B12 |
Capacidade de selección, de análise, de avaliación e de utilización de distintos recursos na rede e multimedia. |
B13 |
Lectura e interpretación de imaxes. |
B14 |
Capacidade para traballar en equipo de forma cooperativa, para organizar e planificar o traballo, tomando decisións e resolvendo problemas, tanto de forma conxunta como individual. |
B15 |
Capacidade para utilizar diversas fontes de información, seleccionar, analizar, sintetizar e extraer ideas importantes e xestionar a información. |
B16 |
Capacidade crítica e creativa na análise, planificación e realización de tarefas, como froito dun pensamento flexible e diverxente. |
B17 |
Capacidade de análise e de autoavaliación tanto do propio traballo como do traballo en grupo. |
B19 |
Capacidade de adaptarse a novas situacións nunha sociedade cambiante e plural. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |