Esta materia estructurase en dous bloques: Bloque I: Programas de intervención, impartido por Ana Guillén Ubico e Sergio Cored Bandrés (Universidad de Zaragoza) e Bloque II: Aplicacións informáticas, impartido por Javier Pereira Loureiro, Laura Nieto Riveiro e Betania Groba González (Universidade da Coruña).
Nesta materia o alumnado poderá:
- Coñecer e comprender os principios xerais da intervención coa poboación con trastornos do espectro do autismo (TEA), con especial referencia ao ámbito da comunicación e a linguaxe.
- Coñecer e analizar criticamente os principais modelos teóricos que fundamentan as estratexias e/ou programas de intervención comunmente aplicados coas personas con TEA.
- Coñecer os obxectivos, estrutura e procedementos dos principais programas de intervención aplicados coas persoas con TEA.
- Seleccionar, adaptar e implementar algúns dos procedementos e/ou programas máis representativos para o desenvolvemento da linguaxe e a comunicación nas persoas con TEA.
- Deseñar, implementar e avaliar un programa de intervención adaptado ás necesidades de cada caso concreto.
- Coñecer as posibilidades da intervención con persoas con TEA con programas informáticos que capaciten para a comunicación e creación de contidos de interese.
- Desenvolver unha experiencia práctica co manexo de sistemas de comunicación dinámicos: acceso aos dispositivos ou programas, interruptores de control, emuladores de teclado, emuladores de rato, coleccións de sons e pictogramas con especial atención a ARASAAC.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías