Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Practicum | Código | 652512207 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Saídas de campo | Constitúen as prácticas pedagóxicas: 150 horas de permanencia na institución escolar e socioeducativa durante as cales se realizarán tarefas de dirección e xestión propia institución. |
Análise de fontes documentais | Empregaranse documentos bibliográficos relevantes sobre os diferentes contidos a que o Practicum dá prioridade, como base para a análise e a reflexión sobre a diversidade de experiencias con que se entre en contacto nas institución do ámbito escolar e socioeducativo. É imprescindible entender a relación teoría-práctica e atender aos múltiplos factores que inciden no desenvolvemento dos centros, co obxecto de favorecer a construción dunha visión crítica das distintas formas de interpretar a realidade. O/a Titor/a da Facultade establecerá as lecturas obrigatorias que considere necesarias para o mellor desenvolvemento do Practicum |
Seminario | 1.Sesión informativa inicial (2 horas). Información xeral para comentar e precisar a Guía docente, así como as pautas de carácter xeral, e orientar o alumnado acerca da súa decisión á hora de elixir institución colaboradora. Tamén se explicarán as funcións das diferentes persoas que van a titorizar o Practicum. 2.Selección de institución (2 horas). 3.Tres seminarios de titoría durante o Practicum co profesorado titor da Facultade (6 horas). - Antes de incorporarse á institución de prácticas o profesorado de Practicum, na data que se establecer, orientará o alumnado que titoriza cando menos sobre as seguintes cuestións: documentos que debe incluír no portafolios, lecturas imprescindibles e datas de entrega dos traballos solicitadose calquera outra suxestión que estimar oportuna. - Durante a realización do Practicum terá lugar a posta en común do traballo realizado ata o momento co fin de revisar a planificación proposta, formular e resolver as posibles necesidades e/ou conflitos percibidos. Trátase de seleccionar e analizar conxuntamente situacións ou procesos representativos do decorrer da práctica profesional. Tamén se comentarán os textos ou documentos seleccionados para este fin. -Ao finalizar a estadía na institución, de avaliación e reflexión final do practicum. |
Portafolios do alumno | Ver anexos |