Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Convivencia Escolar, Mediación e Resolución de Conflitos | Código | 652536002 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Presentación oral | A7 A27 A31 B16 | Esta actividade consiste na participación en xeral (en clase e/ou a través do foro en Moodle), e tamén na exposición grupal en clase (de 10-15 minutos) dun artigo, informe ou capítulo de libro (a escoller entre os títulos que se presentarán en Moodle). Respecto á exposición grupal, valoraranse os aspectos a seguir: • Calidade da participación na preparación desta actividade. • Relevancia e organización dos contidos expostos. • Coordenación da exposición (que reflicta un traballo colaborativo, non unha suma de partes). • Nivel de comprensión dos contidos básicos. • Capacidade analítica e de síntese. • Claridade expositiva. • Creatividade e innovación nas propostas. |
20 |
Traballos tutelados | A5 B2 B3 B4 B5 C1 | Valorarase a competencia do alumnado no resumo e na valoración argumentada de cada texto empregado na elaboración do traballo, así como na comparación entre os mesmos, coa fin de: • realizar unha síntese crítica e orixinal, e • analizar o caso ou a cuestión/problemática escollida. |
80 |
Observacións avaliación | |||
Para superar a materia, cada estudante debe obter polo menos o 50% dos puntos correspondentes a cada unha das actividades de avaliación. En caso de non superar a materia na primeira oportunidade, o alumnado poderá tentar superala na segunda oportunidade mediante a mellora das mesmas actividades. Alternativamente, poderá realizar unha proba mixta sobre os contidos da materia. Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e De xeito excepcional, o alumnado que nunca participou nas sesións (nin |