Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Formación Docente e Comunidades de Aprendizaxe | Código | 652536015 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Estudo de casos | A3 | Metodoloxía onde estudantes se enfrontan ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo. Conleva a realización final -como equipo directivo- dun proxecto de formación en centros educativos. |
60 |
Análise de fontes documentais | A4 B2 B15 C3 | Utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Conleva o estudo en diversos formatos sobre a información e a actualidade sobre o tópico de estudio elegidos polos grupos. |
20 |
Proba oral | B4 C1 C7 | Proba na que se busca responder, de forma oral, a preguntas cortas ou de certa amplitude, valorando a capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico. Permite medir as habilidades que non poden avaliarse con probas obxectivas como a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de elaboración e de orixinalidade do estudante; polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións. Conleva a exposición oral do traballo realizado,valorarase a orixinalidade e a propia exposición,a congruencia do proxecto, o rigor, a fundamentación e a capacidades de síntese. |
20 |
Observacións avaliación | |||
Tanto para a primerira como para a segunda oportunidade de avaliación os criterios serán os mesmos.
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación (plaxio) implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria. |