Primeira
oportunidade:
(a) Alumnado asistente: o
que cumpra co requisito de asistencia dun 80% das sesións. Será avaliado
seguindo os criterios propostos para a "Avaliación" da materia,
sendo necesario que realice e supere as distintas actividades do portafolio.
(c) Alumnado non asistente:
aquel que non cumpre una asistencia mínima do 80%. Será avaliado unicamente a
través dunha proba mixta, esta proba conterá dúas partes, unha delas (50%)
referida a preguntas sobre os contidos prácticos da materia e a outra (50%)
na que se avalíen os contidos teóricos con preguntas obxectivas. Debe acadar
o 50% da calificación en cada unha das metodoloxías de avaliación para
superar a materia.
Os traballos serán entregados fundamentalmente en formato
dixital, e nos casos que a entrega sexa en papel este deberá ser reciclado,
evitándose o uso de plásticos. Ademais recoméndase a utilización dunha
linguaxe non sexista e non discriminatoria.
Ante a detección de conductas indebidas realizadas
polo alumnado no eido académico, no Regulamento
disciplinar do estudantado da UDC se establece a:
Cualificación
de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da
materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con
“suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso
académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira
oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a
súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
Segunda
oportunidade:
O alumando fará unha única proba na data do exame oficial. Para superar
a materia necesitará obter polo menos 5 puntos sobre os 10 posiblse.
|