Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Deseño. planificación e avaliación de propostas didácticas de tecnoloxía na educación secundaria | Código | 652602222 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | Anual |
Primeiro | Obrigatoria | 4 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Solución de problemas | A20 A22 A23 A25 A27 C3 C7 | Actividades baseadas na resolución de problemas concretos, a partir dos coñecementos que se traballaron nas aulas. As actividades teñen que facerse seguindo as instrucións suxeridas polo persoal docente da materia, no prazo establecido por este. A entrega das actividades fora de prazo suporá a avaliación das mesmas na segunda oportunidade (convocatoria extraordinaria). |
20 |
Proba mixta | A20 A22 A25 A27 | Proba escrita individual na que se avaliará os coñecementos adquiridos ao longo da materia, incidindo nos distintos elementos curriculares e a súa concreción en propostas de ensino-aprendizaxe. Tal e como se recolle nas “Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de Grao e Mestrado Universitario”: 1. “Se durante a realización dunha proba de avaliación os profesores responsables teñen coñecemento da quebra dos principios de decoro, legalidade ou mérito individual tales como o uso de documentos ou instrumentos non permitidos, a copia ou intento de copia dos resultados obtidos por compañeiros, a comunicación entre estudantes ou un comportamento impropio, procederase á expulsión inmediata do estudante da proba de avaliación e redactarase unha acta cos motivos, que se enviará ao decano ou director xunto coas verificacións documentais que estime oportunas para a súa valoración. Todo, sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese proceder de acordo coa cualificación da falta cometida polo alumno infractor.”. 2. “Queda prohibido o acceso á realización das probas de avaliación con instrumentos electrónicos ou dispositivos móbiles acesos, non expresamente autorizados polo profesorado responsable, o cal será causa suficiente de expulsión da proba, logo de redactar a acta correspondente que se enviará ao centro.” 3. “A expulsión dunha proba de avaliación implicará a cualificación de suspenso (nota numérica de 0) na convocatoria da materia.” |
30 |
Traballos tutelados | A20 A22 A23 A25 A27 C3 C7 | Traballo grupal tutelado que consistirá no deseño, planificación e avaliación dunha Unidade Didáctica (UD), cuios apartados serán especificados nas sesións de aula. Os requisitos mínimos para obter unha cualificación positiva son: - Contemplar significativamente os apartados especificados polo persoal docente da materia. - Integrar significativamente as TIC. - Integrar significativamente a Educación Ambiental (sustentabilidade). - Estar titorizado polo persoal docente da materia, de xeito que se realice, a lo menos, unha titoría para a revisión do traballo antes da súa entrega definitiva. Non se valorará ningún traballo entregado que non fose titorizado previamente. Dita titorización realizarase sobre apartados completos e non sobre esquemas do traballo. As titorías levaranse a cabo no horario de titorías do persoal docente da materia. - Empregar o currículo vixente. - Cumprir coa extensión e formato especificados polo persoal docente da materia. - Ser entregado no prazo establecido a través do Campus Virtual. - Contemplar significativamente a presenza de traballos científicos, coa súa correspondente citación, xa que é un signo de credibilidade e requisito para demostrar a excelencia académica. Recoméndase consultar: https://www.udc.es/gl/biblioteca/servizos/ - As referencias bibliográficas empregadas deben estar referenciadas apropiadamente en formato APA, última edición. Tense que evitar o plaxio. As citas e as referencias a calquera texto deben declararse, xa que o uso literal do texto ou ideas doutros autores parafraseadas sen declarar supón o suspenso do traballo en aplicación do artigo 14. 4. das “Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de Grao e Mestrado Universitario”: “Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é ou caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento.” A entrega do traballo fora de prazo suporá a avaliación do mesmo na segunda oportunidade (convocatoria extraordinaria da materia). |
50 |
Observacións avaliación | |||
A asistencia ás sesións presenciais é obrigatoria. Se o estudante
O alumnado que na primeira oportunidade
- Deberá poñelo en coñecemento do persoal - Terá que realizar de - Para a cualificación da - Na segunda oportunidade |