Nesta materia, os envíos dos traballos faranse de xeito telemático
a través do Campus Virtual. De non ser posible, elixirase a impresión a dobre
cara, empregarase papel reciclado e non se utilizarán plásticos. Ademais,
evitarase imprimir borradores. Recórdase que débese facer un uso sustentable
dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.
Ademais, débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados
cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais. Por outra banda, segundo se recolle nas distintas
bases normativas de aplicación para a docencia universitaria, nesta materia
incorpórase a igualdade de xénero, polo que o alumnado debe telo en conta á
hora de realizar as distintas actividades da materia. Ademais,
dado que nesta materia as propostas educativas baséanse no DUA (Deseño Universal
para a Aprendizaxe) para responder ante a diversidade de alumnado dende unha perspectiva
inclusiva, deberase incorporar dito deseño nos distintos traballos/actividades
que realice o alumnado. |