Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Educación física e educación en valores | Código | 652603323 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | Anual |
Primeiro | Obrigatoria | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Actividades iniciais | Actividades que se levarán a cabo antes de comezar calquer prosceso de ensinanza-aprendizaxe co fin de coñecer as competencias, intereses e ou motivacións que posee o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren acadar, vinculados a un programa formativo. A través delas teremos información relevante que permita articular a docencia pra favorecer aprendizaxes eficaces e significativos, xa que parten dos saberes previos do alumnado. |
Análise de fontes documentais | Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos relevantes para a temática da materia con actividades específicamente deseñadas para el análise dos mesmos. |
Traballos tutelados | Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma do alumnado, baixo a tutela do profesor e utilizando escenarios variados ( académicos e profesionais) .Está referida prioritariamanete á aprendizaxe do "cómo faceras cousas" Constitue unha opción baseada na asunción polo alumnado da responsabilidades da súa propia aprendizaxe. |
Sesión maxistral | Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introducción de algunhas cuestións dirixidas ós estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe |
Proba de resposta breve | Ao longo do curso iranse expondo aos alumnos diversas probas ou traballos breves de aula para comprobar o seguimento dos contidos da materia. As probas poderanse facer individualmente ou en pequenos grupos. O resultado deste apartado da avaliación é a media das cualificacións obtidos nas probas realizadas durante o curso. |
Saídas de campo | Actividades desenvolvidas en espazos distintos ao contorno académico universitario habitual (espazos de espacial interese natural e/ou patrimonial para a realización de actividade física de forma interdisciplinar) relacionadas co ámbito de estudo da materia. Estas actividades céntranse no desenvolvemento de capacidades relacionadas coa observación directa e sistemática, a recollida de información, o desenvolvemento de propostas didácticas, a valoración de riscos e impacto ambiental de actividades realizadas con grupo de alumnos, etc. |
Aprendizaxe colaborativa | Desenvolveránse un ou varios traballos en pequeno ou gran grupo guiados polas docentes en varias sesións coa finalidade de potenciar o traballo autónomo do alumnado. Este traballo poderá involucrar a outras materias da mención en Educación Física. |