ALUMNADO ASISTENTE
Para que os estudantes podan ser avaliados
segundo a planificación anterior, deben ter unha asistencia ás sesións
interactivas, do 80%.
Portafolios do alumno/a (grupal):
Constará de tres partes:
1) Na que se recollerá a actividade
realizada no grupo interactivo (en base ao suposto que se facilite e as fases
de desenrolo de este), así como unha reflexión grupal das competencias
adquiridas atendendo tamén ao seu desenvolvemento ao escenificalo na aula.
2) A avaliación que fan do seu propio
traballo (unha nota numérica que deberán argumentar) e do exposto polos demáis
compañeiros/as na aula (unha nota numérica que deberán argumentar).
3) A avaliación da asignatura incidindo sobre
todo nos aspectos de mellora.
IMPORTANTE: Será necesario obter alomenos
o 50% da puntuación otorgada a cada parte avaliable para superar a asignatura
Na simulación deberán
participar todos/as os/as integrantes do grupo para poder ser avaliados/as.
ALUMNADO CON MATRÍCULA A TEMPO PARCIAL
(DISPENSA ACADÉMICA)
O alumnado que teña recoñecida a dispensa
de asistencia pola Comisión Académica do título poderá acollerse á modalidade
de avaliación continua ou optar por asistir ao exame final realizando unha
proba similar á do alumnado non asistente.
Segundo o establecido na " NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO E A
PERMANENCIA E A PROGRESIÓN DOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NA
UNIVERSIDADE DA CORUÑA (aprobada polo Consello Social do 04/05/2017):
1.
Deberá poñelo en
coñecemento do docente na primeira semana de clase, ou, se isto non fora
posible, nun prazo non superior a 7 días desde que lle fora concedido o
recoñecemento.
2.
Terán que realizar,
individualmente, todas as actividades/traballos propostos ao longo do curso e
entregalos nas datas establecidas polo docente. Se non
se cumpre a entrega na data sinalada considerarase unha cualificación de non
presentado na materia.
3.
A cualificación será a media
ponderada das notas das actividades e traballos
realizados durante o curso e da nota da proba realizada na data do calendario
oficial de exames, debendo obter en cada unha das partes un aprobado (5 sobre
10) para poder superar a materia. No caso de non superar algunha das partes na primeira
oportunidade, deberán repetir na segunda oportunidade as partes non aprobadas
(actividades/traballos e/ou proba).
ALUMNADO NON ASISTENTE
Neste caso a avaliación consistirá nunha
proba de carácter mixto:
- Un exame tipo test que terá
un peso na avaliación final do 40%
- Unha parte de preguntas de
resposta breve que terá un peso do 60%. É preciso ter superado o 50% en cada
unha das partes para poder sumar as puntuacións obtidas e aprobar a asignatura.
A segunda oportunidade estará sometida aos mesmos criterios de
avaliación que a primeira oportunidade.
Enténdese que o alumnado universitario ten
asumidas as capacidades lingüísticas en relación á expresión oral e escrita.
Por tanto, é primordial e obrigatorio a corrección ortográfica (ortografía,
acentuación e puntuación), gramatical e léxica nos traballos e exames
realizados como condición imprescindible para superar a materia.
Considerarase
como “Non presentado” (NP) aquel estudante que, estando matriculado na materia,
non concorrese ás distintas actividades de avaliación que se establezan para o
curso académico. Considerarase que deberá ser cualificado como “Non
presentado”: a) cando non completase o proceso de avaliación continua, nas
condicións que figuren na guía docente, ou b) cando non se presente á proba do
período oficial de avaliación.
Ante a detección de conductas
indebidas realizadas polo alumnado no eido académico, no Regulamento disciplinar do estudantado da UDC se
establece a:
Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a
falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante
será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria
correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se
produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a
modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose
necesario.