A Oficina de Igualdade da UDC ofertará un curso de formación sobre xénero para alumnado do Mestrado (Desaprendendo o sexismo desde as aulas: autoestima feminina e novas masculinidades) que terá unha duración de 12 horas (4 sesións, venres do 1º cuadrimestre). Recoméndase activamente a realización deste curso, gratuíto e de asistencia voluntaria, xa que os seus contidos son de grande interese para o desenvolvemento dunha parte desta materia. Para calquera dúbida, poden pórse en contacto coas profesoras, persoalmente en horario de atención ao alumnado, ou concertando cita previa nos enderezos electrónicos. |