Modalidades de avaliación
Estabelécense tres modalidades de avaliación:
1. Para as persoas que asistan regularmente ás aulas:
- Un traballo tutelado en grupo (60% da cualificación). Estabelécese unha puntuación mínima de 4 puntos sobre
10 para poder realizar a media co resto das cualificacións. - A presentación oral do traballo (10% da cualificación).
- Unha tarefa de reflexión individual (30% da cualificación). Estabelécese unha puntuación mínima de 4 puntos sobre
10 para poder realizar a media co resto das cualificacións.
As probas non superadas deben repetirse na oportunidade de xullo,
baixo as mesmas condicións que rexen na oportunidade de xaneiro.
Para esta modalidade de avaliación é requisito
imprescindíbel a asistencia regular ás aulas, para a que se fixa un mínimo do
80% sobre o conxunto das sesións. Ademais, será necesario
realizar todas as actividades propostas ao longo do curso.
2. Para o alumnado con dispensa académica:
- Un traballo individual en grupo (60% da cualificación). Estabelécese unha puntuación mínima de 4 puntos sobre 10 para poder realizar a media co resto das cualificacións.
- A presentación oral do traballo (10% da cualificación).
- Unha tarefa de reflexión individual (30% da cualificación). Estabelécese unha puntuación mínima de 4 puntos sobre 10 para poder realizar a media co resto das cualificacións
Segundo o establecido na Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo e a permanencia e a progresión dos estudantes de grao e de máster universitario na Universidade da Coruña (aprobada polo Consello Social do 04/05/2017):
1. Deberá poñelo en
coñecemento do docente na primeira semana de clase, ou, se isto non fose posíbel, nun prazo non superior a 7 días desde que lle fose concedido o
recoñecemento.
2. Terán que realizar,
individualmente, todas as actividades/traballos propostos ao longo do curso e
entregalos nas datas estabelecidas polas docentes. Se non se cumpre a entrega na data sinalada avaliarase segundo a terceira modalidade (100% proba de ensaio).
3. No caso de non superar algunha das partes na primeira
oportunidade, deberán repetir na segunda oportunidade as partes non aprobadas
(traballo tutelado e/ou proba de ensaio).
3. Para as persoas que non
cumpran as condicións anteriores:
- Unha proba de ensaio (100% da cualificación), que poderá ser diferente á que se propoña para as modalidades anteriores.
Entrega dos traballos
Os traballos entregaranse en formato dixital a través do Campus
Virtual.
Realización fraudulenta das probas
A realización fraudulenta das probas ou actividades de
avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de
suspenso na convocatoria en que se cometa: a persoa será cualificada con “suspenso”
(nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a
comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para
isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira
oportunidade, se fose necesario.