ALUMNADO ASISTENTE
Para que os estudantes podan ser avaliados segundo a
planificación anterior, deben ter unha asistencia ás sesións interactivas, do
80%.
Para superar a materia é obrigatorio aprobar todas as
metodoloxías avaliables:
Na proba mixta é preciso ter a lo menos o 50% da
puntuación otorgada á mesma.
No portafolios grupal tamén é necesario acadar como mínimo o
50% da calificación otorgada. No portafolios, a avaliación pode ser diferente
para cada integrante do grupo xa que estará supeditada ao grao de implicación
amosado por cada persoa e a
cumplimentación dos apartados que teñan carácter individual.
Na Simulación é obrigatorio acadar polo menos o 50% da
calificación. Deberán participar todos/as os/as integrantes do grupo para poder
ser avaliados/as.
No caso de non aprobar unha das metodoloxías, a
cualificación final da materia será como máximo de 4 puntos.
ALUMNADO CON MATRÍCULA A TEMPO PARCIAL (DISPENSA
ACADÉMICA)
O alumnado que teña recoñecida a dispensa de asistencia pola
Comisión Académica do título poderá acollerse á modalidade de avaliación
continua ou optar por asistir ao exame final realizando unha proba similar á do
alumnado non asistente.
Segundo o establecido na " NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO E A
PERMANENCIA E A PROGRESIÓN DOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NA
UNIVERSIDADE DA CORUÑA (aprobada polo Consello Social do 04/05/2017):
1.
Deberá poñelo en
coñecemento do docente na primeira semana de clase, ou, se isto non fora
posible, nun prazo non superior a 7 días desde que lle fora concedido o
recoñecemento.
2.
Terán que realizar,
individualmente, todas as actividades/traballos propostos ao longo do curso e
entregalos nas datas establecidas polo docente. Se non
se cumpre a entrega na data sinalada considerarase unha cualificación de non
presentado na materia.
3.
A cualificación será a media
ponderada das notas das actividades e traballos
realizados durante o curso e da nota da proba realizada na data do calendario
oficial de exames, debendo obter en cada unha das partes un aprobado (5 sobre
10) para poder superar a materia. No caso de non superar algunha das partes na primeira
oportunidade, deberán repetir na segunda oportunidade as partes non aprobadas
(actividades/traballos e/ou proba).
ALUMNADO NON ASISTENTE (non asiste como mínimo o 80% das aulas)
Neste caso a avaliación consistirá nunha proba de carácter
mixto:
1)
Un exame tipo test que terá un peso na
avaliación final do 40%
2)
Unha parte de preguntas de resposta breve que terá
un peso do 60%. É preciso ter superado o 50% en cada unha das partes para poder
sumar as puntuacións obtidas e aprobar a asignatura.
A segunda oportunidade estará sometida aos mesmos
criterios de avaliación que a primeira oportunidade.
Enténdese que o alumnado universitario ten asumidas as
capacidades lingüísticas en relación á expresión oral e escrita. Por tanto, é
primordial e obrigatorio a corrección ortográfica (ortografía, acentuación e
puntuación), gramatical e léxica nos traballos e exames realizados como
condición imprescindible para superar a materia.
Considerarase
como “Non presentado” (NP) aquel estudante que, estando matriculado na materia,
non concorrese ás distintas actividades de avaliación que se establezan para o
curso académico. Considerarase que deberá ser cualificado como “Non
presentado”: a) cando non completase o proceso de avaliación continua, nas
condicións que figuren na guía docente, ou b) cando non se presente á proba do
período oficial de avaliación.
Ante a detección de conductas
indebidas realizadas polo alumnado no eido académico, no Regulamento disciplinar do estudantado da UDC se
establece a:
Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a
falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante
será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria
correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se
produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a
modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose
necesario.