Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados En relación cos traballos tutelados valorarase:
- A adecuación metodolóxica das propostas de traballo.
- A profundidade do contido.
- O dominio das aplicacións utilizadas na elaboración das propostas educativas.
- O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar.
- A utilización de fontes documentais complementarias e actuais.
- A presentación e a claridade da exposición.
70
Proba mixta A proba mixta consistirá en dar resposta a varias cuestións que implicarán un tratamento global e integrado dos contidos abordados ao longo da materia. 30
 
Observacións avaliación

Segundo a participación do alumnado na materia, a avaliación contempla dúas opcións.

Opción A. Para o alumnado que asiste/participa nas actividades de clase (>85%):

a)
Elaboración dun cartafol cos traballos de cada grupo no que se
recollerán as prácticas que se desenvolvan na aula, así como aquelas
actividades relacionadas coa lectura e análise de materiais diversos
presentados en clase (70%).

b) Un exame escrito sobre os contidos da materia (30%).

Opción B. Para o alumnado que non asiste/participa nas actividades de clase (< 85%):

a) Presentación dos traballos que corresponden coa parte práctica da materia (30%).

b) Un exame escrito sobre os contidos da materia (70%).

Para
superar a materia é necesario obter unha avaliación favorable en cada
unha das partes da materia (50%). As convocatorias de setembro e
decembro estarán sometidas aos mesmos criterios que a convocatoria de
xuño: aqueles estudantes que queiran presentarse ás mesmas deben ter a
día de exame todas as actividades que corresponden ás prácticas da
materia e así poder ser avaliados da mesma.