Descrición xeral |
No desenvolvemento desta materia preténdese que o estudantado:
• Reestructure as concepcións previas cuestionando as imaxes dominantes que, a modo de tópicos e de prexuízos, impregnan o campo da desadaptación social na actualidade.
• Apele á historia para descubrir as regras de constitución da chamada infancia inadaptada, así como as diferentes repostas institucionais que se deseñaron para atendela.
• Cuestione a aparente neutralidade das categorías creadas para designar este proceso social.
• Caracterice a evolución da educación social como unha praxe social cunha forte intencionalidade educativa con identidade propia, tomando unha actitude de apertura científica a respecto das contribucións da socioloxía, da pedagoxía, da filosofía, da psicoloxía etc.
• Desenvolva habilidades de reflexión, de análise e de síntese que garantan o compromiso ético nas súas propostas.
• Sinta a necesidade da investigación como base para o coñecemento e a transformación da realidade.
• Adquira unha maior concienciación acerca dos procesos de vulnerabilidade social.
• Desvele as teorías implícitas nos diversos informes, para interrogar aquilo que se dá por suposto acerca do que caracteriza a unha persoa normal e as formas correctas de pensar, sentir e comportarse.
• Identifique e someta a análise as ideoloxías que atravesan os discursos sociais.
|