Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Teoría da educación | Código | 652G01001 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | B4 B9 B10 B12 B14 B16 B18 B22 B23 B24 C7 C8 | Traballo grupal orientado a análise e reflexión sobre unha das metodoloxías abordadas na materia. Implica a preparación dunha presentación na clase, así como a identificación de claves pedagóxicas orientadoras do deseño dunha iniciativa de educación para a cidadanía global na etapa de Educación Infantil, fomentando a conexión entre a reflexión teórica e a práctica educativa (Proxecto de APS). | 30 |
Portafolios do alumno | A5 B4 B9 B10 B12 B14 B1 B2 C8 C1 | Portafolio vitual de carácter grupal composto polas actividades propostas no Moodle asociadas a cada un dos temas, no que se recollerán os rexistros e/ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumnado. Valorarase a capacidade reflexiva en relación á propia aprendizaxe; a evolución da aprendizaxe reflectida nas prácticas recollidas en relación ao grao de profundidade do contido; a capacidade para establecer sinerxías; o tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar; a utilización de fontes documentais complementarias e actuais; a presentación; entre outros. A entrega de cada una das seccións do portafolio virá marcada polo desenvolvemento dos contidos da materia, dado que son actividades dirixidas a acompañar o proceso de aprendizaxe. |
20 |
Proba mixta | A1 A4 A6 A13 A19 A27 A28 A31 C1 C2 | Pretende determinar os logros do alumnado en termos obxectivos. Componse dunha primeira parte de preguntas de resposta pechada (asociación, resposta múltiple, etc.) ou breve (completar, resposta breve); e unha segunda parte de resposta tipo ensaio. Na pregunta de ensaio, procúrase avaliar de xeito directo a capacidade de análise, a expresión e a organización de ideas relativas aos contidos da materia. Valorarase a rigorosidade da resposta, combinada coa capacidade de razoamento (argumentación, relación entre ideas, comparación...), creatividade e espírito crítico. Implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións. A súa realización terá lugar na data oficial establecida para o exame da materia. |
50 |
Observacións avaliación | |||
1.- Para poder sercalificado/a e avaliado/a é necesario ter entregado todos os traballosesixidos. De faltar algunha das partes, o alumno/a figurará como NONPRESENTADO/A ao non poder ser avaliado na totalidade das propostas deaprendizaxe. 2.- Para superar a materia é imprescindible ter superadas todas as probas. En caso contrario, a cualificaciónserá a da proba suspensa. Gardaranse as partes aprobadas durante a convocatoria anual. 3.- A asistencia e participación activa e esixente nas dinámicasde aula serán consideradas de forma positiva no proceso de avaliación. 4.- Calquera circunstancia persoal que poida alterar o seguimentoda materia por parte do alumnado deberá ser comunicada ao inicio do cursopara a súa oportuna e axeitada consideración. Para o alumnado que, por razóns debidamente acreditadas ,non poida ter unha asistencia sistemática e o faga a tempo parcial,establécense criterios de avaliación adecuados, en cada caso, ás súascircunstancias, garantindo a igualdade de oportunidades. Criterios deavaliación:
5.- Para acollerse á modalidade presencial, cómpre terunha asistencia mínima do 80%. 6.- Seguindo as indicacións da Vicerreitoría de Planificación Académica e Innovación Docente, infórmase de que quen na realización de traballos cometa plaxio ou a utilización de material non orixinal, incluido aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa orixe e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. |