Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Didáctica da lingua castelán | Código | 652G01018 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Resultados de aprendizaxe | Competencias / Resultados do título | ||
Adquirir as ferramentas conceptuais necesarias para describir tanto os produtos da actividade verbal (é dicir, os textos) como as habilidades que subxacen a toda manifestación de dita actividade (é dicir, as competencias «gramatical», «sociolingüística», «discursiva» e «estratéxica»). | A42 A49 |
B16 B20 B21 |
|
Coñecer as liñas mestras do proceso de adquisición da primeira lingua, prestando especial atención ás fases que se desenvolven entre o nacemento e os tres anos de idade (momento en que adoita producirse a incorporacións dos/as nenos/as aos colexios, e que coincide con inicio do segundo ciclo da Educación Infantil). | A2 A42 A48 A49 A52 |
||
Coñecer os obxectivos que, segundo a lexislación sobre a Educación Infantil, corresponden á área de coñecemento “Linguaxes: comunicación e representación” (mellor dito: ao primeiro dos bloques en que se divide, correspondente á chamada linguaxe verbal). | A42 A43 A44 A46 A47 A49 |
||
Coñecer algunhas das estratexias que cabe aplicar con vistas á consecución dos obxectivos da área de coñecemento “Linguaxes: comunicación e representación” (mellor dito: do primeiro dos bloques en que se divide, correspondente á linguaxe verbal), reparando tamén nos atrancos que poden xurdir durante a súa utilización, e dexergando posibles vías de solución. | A40 A42 A43 A44 A45 A46 A47 A49 A50 A51 |
B15 B17 B19 |
|
Ser quen a ler, comprender e resumir textos cuxo contido se relacione con calquera dos apartados do temario. | B10 B12 B19 |
C1 |
|
Ser quen a expoñer (oralmente ou por escrito, e sempre cunha linguaxe correcta, adecuada e precisa) unha opinión informada verbo de calquera das cuestións que se recollen no temario. | A44 |
B7 B10 B11 B12 B19 |
C1 |
Ser quen a utilizar criticamente as diversas fontes de información dispoñibles, dende as máis tradicionais (artigos de prensa ou de revistas científicas, libros de divulgación ou para especialistas, etc.) ata as máis recentes (bibliotecas dixitais, páxinas web institucionais ou de investigadores...) | B10 B11 B12 B25 |
C3 C6 C7 C8 |
|
Decatarse da necesidade de se expresar con propiedade, servíndose da variedade lingüística máis axeitada para cada tipo de situación. | A44 A46 |
B19 |
C1 C2 |
Decatarse de que tódalas linguas son igualmente valiosas como ferramentas para a expresión e a comunicación, de tal xeito que non poden ser xerarquizadas en función das súas propiedades estruturais. | B20 B21 B24 |
C2 |
|
Decatarse das responsabilidades que o/a docente de Educación Infantil ten verbo do desenvolvemento lingüístico do seu alumnado, e tomar conciencia dos compromisos que implican. | B6 B7 B15 B19 |
C6 C7 |