Co fin de favorecer o axuste á planificación e temporalización da materia, aquel alumnado que teña previsto solicitar a ampliación da matrícula e incluir o practicum na mesma é necesario que o notifique un mes antes do inicio das prácticas. Deberá remitir un email a vicedecanato.practicum.educacion@udc.gal, ainda que nese momento non cumpla os requisitos, co fin de facilitarlle as indicacións oportunas. 1.
A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta
materia: 1.1. Realizarase a través da aplicación, en formato dixital sen necesidade
de imprimilos. 1.2. De realizarse en papel, seguindo as indicacións do
profesorado titor de facultade: - Non se empregarán plásticos. - Realizaranse
impresións a dobre cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarase a impresión
de borradores. 2. Débese facer un uso sustentable dos recursos e evitar
impactos negativos sobre o medio natural. 3. Débese ter en conta a importancia
dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos
comportamentos persoais e profesionais. 4. Segundo se recolle nas distintas
normativas de aplicación para a docencia universitaria, deberase incorporar a
perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase
bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase
de alumnos e alumnas…). 5. Traballarase para identificar e modificar prexuízos
e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar
valores de respecto e igualdade. 6. No caso de detectar situacións de
discriminación por razón de xénero proporanse accións e medidas para
corrixilas. 7. Facilitarase a plena integración do alumnado que, por razóns
físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a
un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria. |