Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Psicoloxía da aprendizaxe en contextos educativos | Código | 652G02007 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba mixta | A4 A5 A6 A7 A11 | A avaliación teórica consistirá nunha proba mixta na que pode haber preguntas de ensaio, pregunta curso ou tipo opción múltiple. | 40 |
Portafolios do alumno | A1 A4 A5 A6 A7 A11 B1 B2 B5 B11 B21 B22 B23 B24 B25 C4 C6 C7 | Traballo individual e en grupo que consiste na realización de actividades a facer na aula e fóra dela para cada un dos temas. Estas actividades colaborativas serán basicamente de orientación-execución ou demostración-práctica. Este portafolios que integra as metodoloxías de aprendizaxe cooperativo, traballos tutelados, estudo de casos, presentación oral, glosario análise de fontes documentais... será o material que se contemple na avaliación. Así como, trátase de coñecer e estudar algunhas das variábeis ou factores da aprendizaxe escolar mediante a elaboraración de informes/artigos en base a busca e análise de documentación científica e datos ou propostas educativas que estimulen a desenvolvemento de tales variables. Este traballos faranse en grupo. |
60 |
Observacións avaliación | |||
OPCIÓN A Alumnado con dedicación completa: asistencia/participación nas actividades de clase igual ou superior ao 85%: a) Elaboración e presentación do portafolio/dosier de prácticas (50%). b) Exame escrito (tipo proba mixta) sobre os contidos da materia (50%). OPCIÓN B Alumnado cunha asistencia/participación nas actividades de clase inferior ao 85% e alumnado con dispensa académica de exención de asistencia, recoñecida por parte da Facultade de Ciencias da Educación da UDC: Exame escrito sobre os contidos teórico-prácticos da materia (100%). OBSERVACIÓNS ADICIONAIS: Para o alumnado asistente (opción A): 1. Para superar a materia é necesario obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (dosier e proba mixta). 2. O dosier presentarase antes da data do exame oficial (para presentarse ao exame é condición indispensable ter presentado o dosier). Para todo o alumnado (opcións A e B): 1. A convocatoria de xullo (2ª oportunidade) estará sometida aos mesmos criterios que a convocatoria de maio/xuño (1ª oportunidade). 2. Segundo establecen as "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario (aprobada o 19/12/2013 e modificada o 30/04/2014) no Art. 21.2: Considerarase como “Non presentado” (NP) a aquel estudante que, estando matriculado na materia, non concorra ás distintas actividades de avaliación que se establecen para o curso académico. Así, será cualificado como “Non presentado” cando: a) Non complete o proceso de avaliación continua, nas condicións que figure na guía docentes, ou b) Non se presente á proba do período oficial de avaliación. 3. Segundo o artigo 11, apartado 4 b), do Regulamento disciplinar do estudantado da UDC: “A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario” |