Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Deseño, desenvolvemento e avaliación do currículo | Código | 652G02009 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba de ensaio | A2 A4 A6 A12 A14 A16 A40 A42 A52 A60 A61 A65 B2 B9 B10 B14 B22 B24 C1 C3 | O proceso de avaliación explicarase pormenorizadamente ao alumnado o primeiro día do seminario, tendo en conta as particularidades, intereses e dilemas individuais | 70 |
Proba oral | A5 A8 A10 A11 A15 A17 A18 B11 B13 B17 B21 B23 C4 C6 | O proceso de avaliación está relacionada coa elaboración de un traballo elaborado polo alumnado que deberá ser exposto de maneira oral. Explicarase pormenorizadamente ao alumnado o primeiro día do seminario, tendo en conta as particularidades, intereses e dilemas individuais | 30 |
Observacións avaliación | |||
A avaliación constará de duas probas para o alumnado presencial: a) Exposición oral do traballo elaborado polo alumnado nas clases interactivas (30%). b) Un exame escrito sobre os contidos da materia (70%). Para ter apto na materia é imprescindible ter aprobadas as duas probas a avaliar. Avaliación de dispensa académica e non presenciais (aquel alumndo que non chegue ao 80% de asistencia ás aulas interactivas): a) proba escrita sobre os contidos da materia (75%) b) Traballo dunha obra académica que será ofertada pola profesora (25%). En ámbolos dous casos, tanto para o alumnado presencial como para o non presencial, explicaranse en detalle os criterios para o desenvolvemento dos traballos. Segundo o artigo 11, apartado 4 b), do Regulamento disciplinar do estudantado da UDC, no caso de plaxio: O alumnado terá a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. |