Descrición xeral |
Esta é unha materia na que se trata de dotar os futuros e futuras mestres das ferramentas necesarias para facilitar o acceso ó curriculum ordinario e adaptado á comunicación do alumnado con necesidades educativas especiais sen fala o con trastorno severo da fala por mor de discapacidades conxénitas ou adquiridas. O uso de sistemas alternativos de comunicación baseados en símbolos gráficos coma os SPC, BLISS, PIC, a ortografía, etc., signos manuales, e o uso de opcións de alta e baixa tecnoloxía de apoio á comunicación xunto con programas especiales para a comunicación e a escritura serán as ferramentas básicas para a participación e a aprendizaxe escolar do alumnado con discapacidade e trastornos da comunicación e da linguaxe. |