Trátase dunha materia que se realizará principalmente cunha metodoloxía activa, na que a propia dinámica do curso irá sinalando os centros de interese do alumnado e, en base a estes, iranse concretando temáticas e actividades a realizar. Así, é necesaria a asistencia e participación activa tanto nas sesións maxistrais
como nas sesións interactivas e en todas as actividades desenvolvidas no
contexto da materia. -Segundo
se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria
deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non
sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a
intervención en clase de alumnos e alumnas...) -Traballarase
para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na
contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. -Deberanse
detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións
e medidas para corrixilas. |