-Non se admitirán traballos dos que o profesor non teña constancia da sua realización. -As datas de entrega dos traballos son inamovibles, agás casos excepcionais. -Para poder ser calificado/a e avaliado/a é necesario ter entregado todolos traballos esixidos. De faltar algunha das partes, o alumno/a figurará como NON PRESENTADO/A. -Os traballos escritos presentaránse a dobre cara, sen grapas e ben identificados (nome do alumno/alumna, curso, grupo, materia e nome do profesor/profesora, e sempre que conteñan referencias bibliográficas é imprescindible seguir as normas da APA que se poden encontrar aloxadas, entre outras, na seguinte dirección web: http://www.capitalemocional.com/apa.htm -Non se recollerán traballos encadernados, con fundas de plástico, anillas ou deseños similares. É aconsellable facer copia do orixinal que se entregue e enviar por email unha copia ao profesor da materia. -Débese facer un
uso sostible dos recursos así como da prevención de impactos negativos sobre o
medio natural.-Débese ter en
conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores de
sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.-Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a
docencia universitaria, incorporarase a perspectiva feminista nesta materia
(usarase linguaxe non sexista, utilizaranse referencis bibliográficas de ambos
sexos -citación xusta-, propiciarase a intervención na aula de alumnas e
alumnos...)-Traballarase para identificar e modificar prexuicios e actitudes
sexistas, e tentarase influir na contorna para modificalos e fomentar valores
de respecto e igualdade.-Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e
proporanse accións e medidas para corrixilas.-Facilitarase a plena integración do alumnado por razóns físicas, sensoriais,
psíquicas ou socioculturais, que experimenten dificultades a un acceso axeitado
, igualitario e proveitoso á vida universitaria. Agradécese que calquera
nedecesidade de proposta de mellora sexa comunicada.-A proba de ensaio
realizarase seguindo o calendario oficial. Aínda que se facilitará a súa
realización do modo que se explicitará no seu momento na clase-O horario de titorías está exposto na web da Facultade e na porta do
despacho P0B5.- Titorías: no caso de non ter docencias os Martes (16-19 h.) no despacho P0B5 (Telf. 981.167100, Ext. 4664). |