Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Deseño e desenvolvemento da acción socioeducativa | Código | 652G03002 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Materias que se recomenda cursar simultaneamente | |
|
Materias que continúan o temario |
Observacións | |
Recomendacións Sostenibilidade Medio Ambiente A entrega dos traballos documentais será en formato virtual e / ou soporte
informático. No caso de ter que imprimir algo en papel, por exemplo, carteis, dípticos, etc.; a impresión farase en papel reciclado e a dobre cara. Non se imprimirán borradores, só a versión final. Débese facer
un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.Fomentarase que os materiais que se desfeiten da materia (papeis, plásticos) se tiren nos respectivos contenedores habilitados para tal fin. Os materiais
empregados para a realización das experiencias deben ser na medida do posible materiais reutilizados, realizando campañas no centro para a súa recollida no caso de ser necesario. Intentarase transmitir aos/as estudantes a importancia dos principios éticos
relacionados cos valores da sostenibilidade para que estos os apliquen non so na aula, senón nos comportamentos persoais e profesionais Facer un uso sostible dos recursos e da prevención de impactos negativos sobre o medio natural no relativo a realización dos traballos da materia. Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores e autoras, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas, analizase os textos tendo en conta estereotipos e nesgos). Será obrigatorio a utilización dunha linguaxe inclusivo e do tratamento da perspectiva de xénero nos traballos da materia. De non ter sido considerados podería penalizarse a nota final con un punto menos por cada aspecto. Traballárase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades o acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria. A integridade académica terá que estar presente nos traballos realizados no senso de referenciar axeitadamente as fontes orixinais e usar os modos de citación axeitados para honrar as autoras e autores das ideas utilizados nos mesmos. Non cumprir con este requisito carrexará consecuencias negativas na calificación final en función do alcance da falta cometida. |