Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de ensaio A13 B1 B2 B5 C1 C3 C4 C8 As probas de ensaio consisten na elaboración de varios traballos reflexivos que implican a lectura de textos obrigatorios e que inclúe o traballo feito durante o curso académico. Estes traballos serán entregados ao longo do curso e supoñen a avaliación continua do alumnado. Poden ser tantas tarefas que deben subirse a Moodle nos prazos estipulados como test a desenvolverse en clase. Ambos os tipos de proba serán explicados en semanas anteriores á entrega das mesmas e haberá un calendario de entregas que o alumnado terá dispoñible a primeira semana de clases en Moodle.
Ademais da adecuación dos contidos é necesario o cumprimento estrito das datas de entrega e de aspectos formais da mesma.
Fundamentalmente é unha metodoloxía de avaliación de contido teórico.
40
Recensión bilbiográfica B1 B6 C7 Cada alumno/a debe escoller na primeira semana de curso un libro da listaxe facilitada polo profesor en Moodle e acudir con el a todas as sesións expositivas. Ao longo do curso iranse solicitando avances de lecturas do mesmo, as cales teñen un peso do 20% da nota final da materia e desenvolverase mediante un proceso de avaliación continua na aula expositiva. Valorarase a participación en clase e a reflexión ao redor de contidos teórico-prácticos previamente explicados e/ou propostos como lectura obrigatoria.
Trátase dunha nota individual na que se valora a capacidade de reflexión, debate e argumentación. Isto leva a obrigatoriedade de asistir ás clases expositivas, algunha das cales podería realizarse de maneira online (1-3 clases ao longo do curso). Ademais diso, convidarase a algunhas persoas especialistas na materia de servizos sociais, para o que deberá asistirse ás súas explicacións e entregar traballos breves de reflexión ao redor das súas charlas.
20
Traballos tutelados A6 A9 A19 B3 B4 B5 O traballo tutelado terá un valor do 40% da nota global. Este traballo en grupo (4-6 persoas) analizará un programa ou servizo dentro do paraugas dos Servizos Sociais. Recollerá unha serie de apartados: introdución, antecedentes, xustificación, obxectivos, marco teórico, metodoloxía, análise do traballo de campo realizado, conclusións e bibliografía. O formato de entrega é dobre: por unha banda un podcast duns 15-20 minutos de duración; por outra banda un informe técnico que explique con detalle o proceso de elaboración de devandito podcast.
Fundamentalmente é unha metodoloxía de avaliación de contido práctico a desenvolver tanto nas clases interactivas como de maneira autónoma polo alumnado. O profesor escollerá de maneira aleatoria que membros de cada equipo responden as preguntas e comentarios expostos; así mesmo o resto de grupos poderá facer preguntas ao grupo que expoña, para o que as entregas se acordarán nas primeiras semanas de curso co fin de que o conxunto da clase teña acceso ao resto de podcasts dos seus compañeiros/a).

Valorarase positivamente que de face á elaboración de traballos e citacións que a maior parte da literatura traballada proveña de autoras mulleres.
40
 
Observacións avaliación

O alumnado debe obter polo menos un 4 sobre 10 en cada unha das partes que conforman a avaliación (probas de ensaño, recensións, traballos tutelados) para poder optar a que se sumen de face á nota media final na materia, a cal debe ser polo menos un 5 para un aprobado

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia o itinerario de avaliación será idéntico que para o resto de alumnado, flexibilizando as cargas de traballo. Deberán presentar o mesmo tipo de traballos e probas e flexibilizarase a entrega do traballo tutelado aceptando a súa elaboración de forma individual. Este alumnado debe comunicar a súa situación antes do 24 de setembro mediante correo electrónico ao profesorado. Caso de non facelo darase por feito que se trata de alumnado a tempo completo. 

Para o caso da segunda oportunidade deberá ser presentado un traballo de reflexión teórica de polo menos 30 páxinas, previa tutorización por parte do profesorado das liñas a seguir na súa elaboración. Devandito traballo suporía o 100% da nota. 

En caso de optar por avaliación non continua o alumnado debe comunicalo antes do 31 de outubro, sendo os criterios de face á data oficial de exame os mesmos que para os casos de segunda oportunidade.