Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Practicum I | Código | 652G03027 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 12 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Saídas de campo | Constitúen as prácticas pedagóxicas: 125 horas de permanencia na institución socioeducativa durante as cales se realizarán tarefas de observación, análise de casos, colaboración en accións socioeducativas cos profesionais da propia institución etc. |
Análise de fontes documentais | Empregaranse documentos bibliográficos relevantes sobre os diferentes contidos a que o Practicum I dá prioridade, como base para a análise e a reflexión sobre a diversidade de experiencias con que se entre en contacto nas institución socioeducativas. É imprescindible entender a relación teoría-práctica e atender aos múltiplos factores que inciden no desenvolvemento da intervención socioeducativa, co obxecto de favorecer a construción dunha visión crítica das distintas formas de interpretar a realidade socioeducativa. |
Portafolios do alumno | Memoria na que o alumnado rexistra e reflexiona sobre as aprendizaxes desenvolvidas durante o periodo de prácticas. Está organizada nos seguintes oito apartados: Introdución; Características xerais da institución; Protagonistas da acción socioeducativa; dos servizos aos proxectos; Diario de Practicum; Conclusións; Referencias; Anexos. O Diario de Practicum recollerá entre 5 e 7 entradas organizadas temáticamente. Cada entrada debe contemplar unha descrición do observado e unha reflexión fundamentada nos coñecemento teoríco-prácticos. En todo momento garatirase a confidiencialidade das persoas implicadas. |
Seminario | 1. Sesión informativa inicial (2 horas). Información xeral para comentar e precisar a Guía docente, así como as pautas de carácter xeral, e orientar ao alumnado acerca da súa decisión á hora de elixir institución colaboradora. Tamén se explicarán as funcións das diferentes persoas que van a titorizar o Practicum. 2. Selección da institución (2 horas). 3. Tres seminarios de titoría durante o Practicum co profesorado titor (6 horas). - Antes de incorporarse á institución de prácticas o profesorado de Practicum, na data que se establecer, orientará o alumnado que titoriza cando menos sobre as seguintes cuestións: documentos que debe incluír no portafolios, lecturas imprescindibles e datas de entrega dos traballos solicitados, cronograma dos seminarios e calquera outra suxestión que estimar oportuna. - Durante a realización do Practicum terá lugar a posta en común do traballo realizado ata o momento co fin de revisar a planificación proposta, formular e resolver as posibles necesidades e/ou conflitos percibidos. Trátase de seleccionar e analizar conxuntamente situacións ou procesos representativos do decorrer da práctica profesional. - Ao finalizar a estadía na institución, de avaliación e reflexión final do practicum. |