Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Traballo de Fin de Grado | Código | 652G03041 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Cuarto | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A15 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A22 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 | Avaliación emitida pola dirección académica sobre a adquisición de competencias reflectidas no traballo realizado (contido e formato). Valoraranse as seguintes cuestións: - Proceso e aspectos formais (10): adecuación ao formato esixido; organización da información segundo os apartados establecidos e o tipo de traballo; calidade na exposición do contido e uso da terminoloxía apropiada; incorporación das referencias bilbiográficas oportunas. - Contido do traballo (60): fundamentación teórica (xustificación e contextualización, elección de fontes axeitadas); proposta/proxecto/estudo (profundidade e adecuación dos contidos de cada parte, coherencia interna, viabilidade, pertinencia e/ou carácter innovador); resultados/conclusións (relación cos obxectivos formulados; grao de comprensión dos coñecementos dunha área de estudo concreta vinculada ao Grao) |
70 |
Presentación oral | B1 B6 C1 C2 C3 | Avaliación emitida polo tribunal sobre a exposición e defensa pública do TFG. Valoraranse as seguintes cuestións: - Grao de elaboración, fundamentación, claridade e solidez do discurso, facendo un uso adecuado e rigoroso da linguaxe. - Capacidade de síntese e de distribución do tempo de exposición, facendo fincapé nos aspectos clave para entender o interese do traballo. - Resolución, concreción e exactitude das respostas ás preguntas e aos comentarios formulados polo tribunal |
30 |
Observacións avaliación | |||
· "A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario" |