Análise de fontes documentais |
As lecturas, documentos audiovisuais, referencias, ect. que se revisarán no desenvolvemento das sesións expositivas e interactivas como introducción, complemento ou síntese dos contidos traballados de carácter teórico e práctico serán avaliados específicamente na/s proba/s mixta/s. |
Traballos tutelados |
A posta en práctica das diferentes tarefas e actividades de tipo individual ou grupal que serán realizadas tanto nas sesións expositivas como interactivas servirán para aplicar os contidos teóricos traballados previamente e facilitar así unha aprendizaxe autónoma por parte do alumnado. |
Portafolios do alumno |
De xeito virtual, os estudantes realizarán ao longo do curso un cartafol no que recollerán todas as tarefas e actividades de aprendizaxe realizadas (esquemas, presentacións, traballos, lecturas, prácticas, etc.) có fin de facilitar a reflexión e autoavaliacion do proceso formativo. |