Realizaranse titorías grupais e individuais para o seguimento do proxecto de investigación.
Presentarase na aula casos de alumnos ou alumnas con diferentes problemáticas relacionadas coa linguaxe e abordarase a análise dun xeito integral. Os estudantes deben realizar o diagnóstico educativo e logopédico e a proposta de intervención pedagóxica. Nesta tarefa as profesoras realizarán un seguimento periódico mediante atención persoalizada.
Resulta imprescindible para o alumnado non asistente que manteña unha frecuente comunicación coas docentes para a preparación da materia.