Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Comunicación aumentativa e alternativa | Código | 652G04022 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Os contidos do programa serán expostos presencialmente. |
Simulación | Se configurarán situacións semellantes as que se producen no eido real da intervención da CAA, co fin de utilizalas como experiencias de aprendizaxe e como precedimento para a súa avaliación. |
Obradoiro | O alumnado desenvolverá tarefas eminentemente prácticas sobre o tema específico da CAA non asistida (dactilolóxico, palabra complementada e bimodal) co apoio e a supervisión do profesorado. |
Aprendizaxe colaborativa | A clase organizarase en pequenos grupos nos que os e as estudantes traballarán conxuntamente na resolución das tarefas asignadas pola profesora e que serán guiadas de xeito presencial e apoiadas coas tecnoloxías da información e as comunicacións. |
Proba obxectiva | Os estudantes deberán superar de forma continua o longo do curso diferentes probas obxectivas nas que se combinan preguntas de verdadeiro-falso, de elección múltiple, e de resposta breve. |
Traballos tutelados | Os grupos de traballo entregarán nos debidos prazos os materiais debidamente identificados que son produto das actividades de aprendizaxe ("saber facer") realizadas durante as clases interactivas. |
Eventos científicos e/ou divulgativos | O alumnado asistirá virtualmente a un evento no que aprenderán a manexar software específico de comunicación aumentativa e alternativa. |
Proba práctica | Os estudantes deberán superar unha proba práctica sobre os contidos das clases interactivas correspondentes os sistemas non asistidos e complementarios de comunicación (alfabeto dactilolóxico, sistemas de comunicación bimodal e palabra complementada). |