Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Estratexias de intervención temperá | Código | 652G04025 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Recensión bilbiográfica | A7 A8 A14 A18 A31 A32 B5 C3 | - Elaboración individual dun resumo sobre a lectura - Debate no grupo-clase das ideas e controversias contidas na mesma |
5 |
Portafolios do alumno | A8 A14 A15 A27 A29 A31 B1 B5 B8 B14 B24 | Realización e entrega dos traballos realizados durante as sesións interactivas | 20 |
Proba de resposta múltiple | A7 A8 A14 A15 A18 A29 | Superación dun exame tipo test. É imprescindible superar o exame para aprobar a materia. | 75 |
Observacións avaliación | |||
Teranse en conta dúas opcións de avaliación en función da asistencia ou non ás clases interactivas Opción A. Alumnado que asiste ás clases interactivas (> 80% de asistencia) Será necesario ter acreditada unha asistencia de polo menos o 80%. Elaborarase un portafolio no que se recollerán os principais contidos traballados nas sesións interactivas. Para a nota final teranse en conta os seguintes aspectos: - Clases interactivas (25%): Ata 2,5 puntos sempre que se supere a proba obxectiva(exame). - Exame (75%): É necesario superar unha proba de preguntas curtas e/ou tipo test ao finalizar o cuadrimestre. É imprescindible superar o exame para aprobar a materia. O exame corrixirase sobre 10 puntos e aplicaráselle o peso que ten no global da materia (75%). Para aprobar o exame haberá que ter un 5 sobre 10. Desta forma, alguén que saque un 5 sobre 10, a súa nota do exame será de 3,75. A nota final será a suma das dúas notas. Así, á nota do exame (mínimo de 3,75) sumaráselle a nota das clases interactivas. A suma de ambas deberá ser como mínimo de 5 puntos para aprobar a materia. Opción B: Alumnado que NON asiste ou ten unha asistencia ás clases interactivas < 80%) - A nota final será a nota do exame. - O exame é o 75% da materia. Dado que hai que ter 5 puntos para aprobar a materia, será necesario obter unha nota de 6,7 (sobre 10) para aprobar a materia. O alumnado que, tendo recoñecida a dispensa académica (solicitude previa na Administración do centro)- tal como se establece na "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo e a permanencia e a progresión dos estudantes de grao e mestrado universitario na Universidade da Coruña" (aprobada en Consello de Goberno de 28 de xuño de 2016)-, terá que asistir a unha titoría na que concretar a porcentaxe de asistencia mínima e as metodoloxías de avaliación. Implicacións da fraude académica/plaxio na realización das probas ou actividades de avaliación: A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. |