Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Practicum I | Código | 652G04028 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 9 | ||||||||||
|
Temas | Subtemas |
O proceso de avaliación logopédica | Explorar, observar, avaliar e emitir un xuízo diagnóstico: - Aplicación das técnicas de entrevista e recollida de datos aos usuarios, familias e/ou cuidadores. A historia clínica do paciente. - Aplicación das técnicas observacionais:tipos de rexistros observacionais e a súa aplicación; adaptación e creación de rexistros observacionais atendendo a tipoloxía dos usuarios. - Aplicación de probas estandarizadas: interpretación dos datos. - Elaboración de informes de exploración e diagnóstico clínico. |
O proceso de tratamiento logopédico: programación, implementación e avaliación. | - Deseño e implementación de programas de tratamento logopédico: Formulación de obxectivos e etapas, elección de técnicas e recursos materiais mais adecuados, rexistro das sesións adicadas o programa de intervención. - A avaliación do proceso de intervención. - O deseño do plan de actuación coa familia do usuario: formulación e deseño de obxectivos, pautas de asesoramento e actividades para as familias co obxectivo de que apoien o proceso de intervención. - O tratamento interdisciplinar: Recoñecemento dos límites das competencias profesionais do logopeda e identificación da necesidade dun tratamento interdisciplinar. - A elaboración de informes sobre tratamento, portadores de xuízos clínicos e liñas de mellora do proceso de intervención. |
Recursos materiais empregados na intervención logopédica | - O uso dos recursos e materiais na intervención logopédica. - A adaptación do uso do materiais: en función dos obxectivos do programa e das características cognitivas, motoras ou psicolóxicas dos usuarios. - A creación de materiais en función dos obxectivos do programa, en función das características cognitivas, motoras ou psicolóxicas dos usuarios. |
Reflexión sobre o código deontolóxico da profesión | - O tratamento dos datos persoais dos usuarios. - A confidencialidae ou secreto profesional. - A aplicación de criterios profesionais para o inicio ou finalización do tratamento e a derivación de usuarios. |
Desenvolvemento dos recursos persoais para a intervención logopédica | - As habilidades sociais e comunicativas para o establecemento das relacións interpersoais cos usuarios, as súas familias e con outros profesionais implicados no tratamento. - Avaliación da propia actuación profesional. - Capacidade de traballo en equipo: técnicas de observación, técnicas de dinamización ou de toma de decisións. |