Co fin de favorecer o axuste á planificación e temporalización da
materia, aquel alumnado que teña previsto solicitar a ampliación da
matrícula e incluir o practicum na mesma é necesario que o notifique un
mes antes do inicio das prácticas. Deberá remitir un email a vicedecanato.practicum.educacion@udc.gal, ainda que nese momento non cumpla os requisitos, co fin de facilitarlle as indicacións oportunas. 1. A entrega dos
traballos documentais que se realicen nesta materia: 1.1. Realizarase a través
da aplicación, en formato dixital sen necesidade de imprimilos. 1.2. De
realizarse en papel, seguindo as indicacións do profesorado titor de facultade:
- Non se empregarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre cara. -
Empregarase papel reciclado. - Evitarase a impresión de borradores. 2. Débese
facer un uso sustentable dos recursos e evitar impactos negativos sobre o medio
natural. 3. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos
relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e
profesionais. 4. Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para
a docencia universitaria, deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta
materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de
ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas…). 5.
Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e
influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e
igualdade. 6. No caso de detectar situacións de discriminación por razón de
xénero proporanse accións e medidas para corrixilas. 7. Facilitarase a plena
integración do alumnado que, por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou
socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e
proveitoso á vida universitaria. |