Traballos tutelados |
Os alumnos, en grupos de tres persoas, deberán realizar unha pequena análise transversal sobre calquera aspecto do desenvolvemento incluído no programa e que sexa susceptible de ser avaliado mediante algún instrumento dispoñible no centro |
Obradoiro |
Nas sesións interactivas presentaranse vídeos sobre aspectos relevantes do desenvolvemento e realizaranse debates, baseados en lecturas, sobre algúns temas especialmente aplicados do programa da materia. Os estudantes realizarán esquemas resumindo o seu contido e os entregarán xunto co traballo tutelado do curso. Nestas sesións presentaranse tamén probas e técnicas de avaliación do desenvolvemento que os/as estudantes deberán coñecer. |