Discusión dirixida |
Mediante esta dinámica abordaranse diversas temáticas orientadas a que o alumnado reflexione sobre a importancia das TIC na sociedade e na intervención logopédica en particular. Analizaranse os distintos factores que inciden na súa integración para desenvolvemento da intervención profesional, co obxecto de favorecer a construción dunha visión crítica das diferentes formas de abordar o traballo coas TIC nos seus diferentes ámbitos de intervención como logopedas. |
Prácticas a través de TIC |
En torno aos diferentes temas proporase a realización de pequenos traballos de grupo baseados en prácticas a través de TIC. Estas actividades iniciaranse na aula e deberán ser completados mediante o traballo autónomo do alumnado, atendendo as indicacións que se proporcionarán a través da atención personalizada do profesor aos diferentes grupos.
Para a realización destes traballos tomaranse como referencia tanto os materiais básicos da materia así como outros complementarios. Basearanse no traballo con distintos recursos na rede, programas de software libre, gratuíto e comercial, de ferramentas de autor e da pizarra dixital, para a creación de recursos multimedia e ferramentas na rede. Finalmente, a través da exposición na aula, cada grupo compartirá os traballos realizados cos demais grupos. |
Proba oral |
A proba oral constituirá unha actividade final da materia con carácter avaliativo a través da que o alumnado deberá realizar a presentación dos traballos realizados a través das sesións de prácticas TIC facendo un tratamento global e integrado dos coñecementos adquiridos, de acordo co conxunto de contidos abordados en torno ás diferentes dinámicas de traballo. |