- Asistir ás sesións presenciais.
- Realizar o traballo de forma continua ao longo de todo o curso.
- Levar a cabo un adecuado traballo en equipo e cooperativo.
- Asistir a titorías sempre que se teñan dúbidas.
- Traballar de forma individual e en grupo con todos os documentos, artigos, presentacións e demais recursos de cada bloque.
- Preparar de forma adecuada as presentacións orais.
- Realizar algún curso de manexo de ferramentas informáticas se é preciso.
Débese facer un uso sostible dos recursos e ter en conta a prevención de impactos negativos sobre o medio natural, tendo en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais. Coa intención de promover o compromiso e a responsabilidade na xestión e o uso dos recursos, o alumnado deberá ter en conta procedementos de boas prácticas a nivel ambiental, tales como a entrega dos traballos de xeito telemático a través de plataformas virtuais (fundamentalmente empregaremos moodle e Teams). Igualmente, débese empregar unha linguaxe inclusiva. Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...). Traballarase para identificar e modificar prexuízos, actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. |