Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Fisioterapia do aparato bucofonador | Código | 652G04039 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Aprendizaxe colaborativa | Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo. |
Sesión maxistral | Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia. Empregarase para os temas de maior complexidade do temario. Durante o seu desenvolvemento, integraranse de xeito puntual metodoloxías de discusión dirixida. No caso de que a matrícula do estudiantado non posibilite a súa realización presencial, será sustituida por clases expositivo participativas en tempo real a través da ferramenta Microsoft Team e/ou clases coa presentación audio previas. Se complementan con actividades dirixidas ao alumnado, coa finalidade de facilitar a aprendizaxe e integrar coñecementos. |
Proba obxectiva | Proba obxetiva tipo test de opción múltiple |
Lecturas | Durante o curso o alumno realizará a lectura de catro artigos seleccionados, complementarios aos contidos desenvolvidos no aula, e que reforzarán o traballo durante o curso. O alumno deberá cumplimentar un cuestionario de cada lectura a través da plataforma moodle, respostando a unha serie de cuestión formuladas polo profesor. |
Traballos tutelados | Asinganranse ao comezo de curso unha serie de traballos para o seu desenvolvemento en grupo e exposición final por parte dos estudiantes. |