Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Sociolingüística | Código | 652G04044 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Lecturas | B5 C4 C8 | Para cada lectura obrigatoria será proposta a realización dunha actividade asociada (recensión, traballo breve, preparación de debate, entre outras), na cal será valorada especialmente a reflexión crítica sobre os contidos e sobre a aprendizaxe persoal. | 30 |
Presentación oral | A3 A20 B10 B17 C1 | Cada estudante realizará unha exposición na aula sobre un aspecto do programa previamente acordado coa persoa docente, que apoiará e supervisará a o proceso de preparación. Para alén da clareza expositiva e da reflexión crítica, será valorada a calidade lingüística e a adecuación ao contexto comunicativo. | 35 |
Estudo de casos | A3 A20 B5 B10 C1 C4 | Tras as explicacións da persoa docente presentaranse problemas para seren solucionados, quer oralmente quer por escrito, razoando as respostas xustificadamente e con criterios rigorosos. | 25 |
Discusión dirixida | A3 B17 C1 C4 | En sesións presenciais concretas ou ben a través dos foros de Moodle, serán propostas cuestións para a discusión colectiva e colaborativa. Será avaliada a pertinencia das intervencións, a calidade dos razoamentos e dos criterios de análise usados, así como a relación cos contidos das sesións maxistrais, das lecturas ou dos estudos de caso. | 10 |
Observacións avaliación | |||
As actividades sobre as lecturas e a presentación oral teñen carácter obrigatorio. Considerarase non presentado quen non entregar ou non realizar a presentación oral. Aplicarase unha penalización do 25% sobre a cualificación final de calquera actividade que for entregada fóra de prazo sen causa xustificada. Na segunda convocatoria (xullo) será aplicado o mesmo sistema de avaliación da primeira convocatoria. Os/as estudantes que non teñan superado a materia deberán achegar os traballos que non fosen entregados na convocatoria anterior ou que non obtivesen unha cualificación do 40% da nota máxima de cada un deles. O prazo de entrega dos traballos concluirá na data oficial do exame da materia estabelecida pola facultade. O estudantado a tempo parcial e con dispensa académica será avaliado da seguinte maneira: lecturas (40%) e traballo tutelado (60%). O traballo tutelado versará sobre os mesmos temas e terá unha estrutura análoga á da presentación oral do sistema de avaliación da primeira convocatoria. O alumnado que se presente á convocatoria adiantada de decembro será avaliado co mesmo sistema previsto para o estudantado a tempo parcial e con dispensa académica. Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo/a mesmo/a alumno/a. En Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a Traballarase para identificar e modificar preconceptos e actitudes Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e A |