Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Practicum II | Código | 652G04045 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Cuarto | Obrigatoria | 20 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Seminario | 1. Sesión informativa inicial. Información xeral para comentar e precisar a Guía docente, así como as pautas de carácter xeral, e orientar o alumnado acerca da súa decisión á hora de elixir institución colaboradora. Tamén se explicarán as funcións das diferentes persoas que van a titorizar o Practicum. 2. Selección de institución. 3. Tres seminarios de titoría durante o Practicum co profesorado titor da Facultade. - Antes de incorporarse á institución de prácticas o profesorado de Practicum, na data que se establecer, orientará o alumnado que titoriza cando menos sobre as seguintes cuestións: documentos que debe incluír no portafolios, lecturas imprescindibles e datas de entrega dos traballos solicitados, cronograma dos seminarios e calquera outra suxestión que estimar oportuna. - Durante a realización do Practicum terá lugar a posta en común dos portafolios do alumnado asignado a un/ha mesmo/a titor/a co fin de revisar a planificación proposta, formular e resolver as posibles necesidades e/ou conflitos percibidos. Trátase de seleccionar e analizar conxuntamente situacións ou procesos representativos do decorrer da práctica profesional. Tamén se comentarán os textos ou documentos seleccionados para este fin. - Ao finalizar a estadía no centro, de seguimento para responder as dúbidas do alumnado que se titoriza no tocante aos documentos solicitados. |
Portafolios do alumno | É un cartafol ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumnado no Practicum ou o seu rexistro. O portafolios inclúe todo o que fai cada alumno/a, como apuntamentos ou notas, traballos, guías de traballo e o seu desenvolvemento, comentarios de notas, resumos, autoavaliacións, tarefas desenvolvidas, comentarios do seu progreso realizados polos titores etc. |
Análise de fontes documentais | Empregaranse documentos bibliográficos relevantes sobre os diferentes contidos a que o Practicum II dá prioridade, como base para a análise e a reflexión sobre a diversidade de experiencias con que se entre en contacto nas institucións clínicas, educativas e/ou asistenciais. É imprescindible entender a relación teoría-práctica e atender aos múltiplos factores que inciden no desenvolvemento da intervención nos diferentes contextos da práctica profesional. O/a Titor/a da Facultade establecerá as lecturas obrigatorias que considere necesarias para o mellor desenvolvemento do Practicum. |
Eventos científicos e/ou divulgativos | O alumnado asistirá a un evento científico e/ou divulgativo de profesionais e expertos no ámbito da Logopedia que presentarán experiencias profesionais desenvoltas en diferentes contextos laborais (8 horas) |
Prácticas clínicas | Os estudantes levarán a cabo prácticas en institucións nas que contan cun profesional da logopedia, co fin de que aprendan a desarrollar a sua labor profesional nun ambiente natural relacionado co exercicio da profesión, no que observan e participan en actividades clínicas deseñadas para proporcionarlles oportunidades que supoñen a aplicación de feitos, teorías e principios relacionados coa práctica da mesma. Todas e todos os estudantes completarán 220 horas de asistencia en institucións e 42 horas de asistencia rotatoria en centros externos. Se por calquera motivo tivésemos que limitar a rotación por causas alleas a la facultade, a comisión da titulación resolverá cada casa de xeito individual. |