Co fin de favorecer o axuste á planificación e temporalización
da
materia, aquel alumnado que teña previsto solicitar a ampliación da
matrícula e incluir o practicum na mesma é necesario que o notifique un
mes antes do inicio das prácticas. Deberá remitir un email a
vicedecanato.practicum.educacion@udc.gal, ainda que nese momento non cumpla os
requisitos, co fin de facilitarlle as indicacións oportunas.
1. A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:
1.1. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade
de imprimilos
1.3. De realizarse en papel:
- Non se empregarán plásticos.
- Realizaranse impresións a dobre cara.
- Empregarase papel reciclado.
- Evitarase a impresión de borradores.
2. Débese facer un uso sustentable dos recursos e evitar impactos
negativos sobre o medio natural.
3. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados
cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e
profesionais.
4. Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a
docencia universitaria, deberase incorporar a perspectiva de xénero
nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de
autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de
alumnos e alumnas…).
5. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes
sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores
de respecto e igualdade.
6. No caso de detectar situacións de discriminación por razón de xénero
proporanse accións e medidas para corrixilas.
7. Facilitarase a plena integración do alumnado que, por razóns físicas,
sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un
acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.
|