- Na entrega dos traballos documentais que se
realice no seguemento da materia, recoméndase o uso de medios telemáticos e, de
non ser posible, as impresións a dobre cara, papel reciclado e evitarase a
impresión de borradores.
- Débese facer un uso sostible dos recursos e a
prevención de impactos negativos sobre o medio natural.
- Débese ter en conta a importancia dos principios
éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais
e profesionais.
- Segundo se recolle nas distintas normativas de
aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de
xénero (usarase linguaxe non sexista, bibliografía de autores/as de ambos os
sexos…).
- Traballarase para identificar e modificar
prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e
fomentar valores de respecto e igualdade.
- Deberanse detectar situacións de discriminación
por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.
- Facilitarase a plena integración do alumnado que
por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten
dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida
universitaria.
- Enténdese que o alumnado universitario ten
asumidas as capacidades lingüísticas en relación á expresión oral e escrita.
Por tanto, é primordial e obrigatorio a corrección ortográfica (ortografía,
acentuación e puntuación), gramatical e léxica nos traballos e exames
realizados como condición imprescindible para superar a materia.
- No relativo á realización fraudulenta (plaxio)
das probas de avaliación, a cualificación axustarase ao establecido no artigo
14. 4. Normas de avaliación, revisión e
reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario:
"Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non
orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da
súa procedencia e, se é ou caso, ou permiso do seu autor/a, poderá ser
considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen
prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o
correspondente procedemento".
|