Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Traballo Fin de Máster. Especialidade Clínica | Código | 653540010 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 8 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Traballos tutelados | O traballo consistirá na elaboración dunha investigación do campo sanitario ou sociosanitario levada a cabo polo alumnado, na que se fará especial fincapé na aplicación da devandita investigación no campo da xerontoloxía e xeriatría que debe entregarse nos prazos previstos. e co Vº Bº do director. |
Análise de fontes documentais | Neste apartado contémplase a realización e presentación do proxecto de TFM. Para que unha proposta de TFM se considere aceptada e o estudante poida proceder ao seu desenvolvemento e elaboración, o alumno deberá presentar, antes do remate do primeiro cuadrimestre e co Vº Bº do titor asignado, ante a Comisión Académica do Máster, unha proposta do Traballo que pretende desenvolver, que incluirá os seguintes elementos: - Resumo, máximo mil palabras, do contido do proxecto (antecedentes, obxectivos e hipóteses da investigación, metodoloxía a empregar no Traballo). - Esquema ou índice xeral (posible estrutura en capítulos e epígrafes principais do Traballo a realizar). - Selección bibliográfica relacionada co tema de estudo. Polo menos o 80% dos traballos que xustifiquen o interese pola súa investigación deben ser de calidade científica, en inglés e incluídos en bases de datos bibliográficas como Medline. - Sinatura do titor e alumno. Unha vez que a aprobación da Comisión e do titor da proposta presentada, o alumno procederá ao desenvolvemento do traballo tutelado final. |
Seminario | Esta sección fai referencia as tutoriais có Director desenvolvidas ao longo do proceso de preparación do proxecto e do TFM final |
Presentación oral | De acordo cos prazos establecidos, os estudantes deberán facer unha presentación pública do traballo realizado ante o tribunal establecido para a súa cualificación. |